ofensa

ofensa

(< lat offensa)

  1. s f

    Acción e efecto de ofender ou ofenderse.

  2. s f

    Cousa que ofende.

    Ex: Este libro é unha ofensa aos monárquicos.

Refráns

  • A mal feito, rogo e peito.
  • A ninguén lle pese que lle chamen ruín.
  • Non sente a pancada o que non sente a palabra.
  • Quen unha vez me caga, tarde ou nunca me lava.

Palabras veciñas

ofelimidade | ofender | ofendido -da | ofensa | ofensiva | ofensivo -va | ofensor -ra