ofertorio
ofertorio
(
-
s
m
[RELIX]
Rito da liturxia eucarística en que o celebrante ofrece o pan e o viño que van ser consagrados. O ofrecemento acompáñase dunha pregaria que normalmente relaciona o sentido das ofrendas coa festividade que se celebra. Na liturxia romana atópase despois da liturxia da palabra, ao inicio da liturxia do sacrificio.
-
s
m
[RELIX/MÚS]
Antífona que acompaña o rito do ofertorio. Introducido por santo Agostiño, a súa composición variou segundo a época. Se inicialmente era cantado entre os versículos do salmo por varios coros, cos gregorianos comezaba cunha antífona seguida de varios versos de melodía libre e un refrán e, durante o Renacemento, preferiuse o seu tratamento a cappella. No s XVII converteuse nunha peza instrumental.