Offa

Offa

Cidade do estado de Kwara, Nixeria, que está situada na intersección das estradas de Ilorin, Lafiagi e Ikirun (197.200 h [1996]). Localízase nunha rexión de sabana boscosa e constitúe un centro recolledor de millo, iñame, mandioca e outros produtos da zona.