oficio
(< lat officĭu)
-
s
m
-
Profesión que require unha actividade manual.
Ex: O oficio de tallador é un dos máis complicados, esixe moita paciencia.
-
Función ou traballo que alguén realiza de maneira habitual. Na tradición oral recóllense ditos como: “Quen ten oficio non morre de fame. Oficio que non dá de comer ao seu amo, non vale un ichavo”.
Ex: Antón sempre traballou no seu oficio, o de carpinteiro.
-
-
s
m
Papel ou función que algo ou algúen está obrigado a desempeñar polo cargo que ocupa.
Ex: As clases de lingua teñen o oficio de ensinarnos a falar e a expresarnos mellor.
-
s
m
Escrito ou comunicado sobre un asunto de servizo que é emitido por un organismo oficial.
Ex: O xulgado de Santiago mandou un oficio a todos os concellos que son da súa competencia.
-
[RELIX]
-
s
m
Misa maior ou cantada.
-
s
m pl
Conxunto de oracións e cerimonias relixiosas que se celebran en festividades sinaladas, especialmente durante a Semana Santa.
-
oficio divino
Celebración da pregaria cristiá establecida para diferentes momentos da xornada. A reforma litúrxica do Concilio Vaticano II deulle o nome de liturxia das horas. As dúas horas de tradición máis antiga e universal son as da mañá (matinas) e as do serán (vésperas). Engadiuse unha pregaria nocturna (vixilias), e outras horas diúrnas (terza, sexta e nona). O monaquismo ampliou a serie coas horas de prima e completas. No ámbito do antigo rito hispánico, a distinción entre o oficio do clero regular e o secular foi moito máis claro ca noutros lugares. Antigamente para a celebración dos oficios era necesario recorrer a diversos libros: salterio, leccionario, antifonario, responsorial e himnario. O Breviarium Curiae Romanae recolleu nun só libro todos os elementos do oficio. Interviñeron na revisión do breviario, Inocencio III (1215), Pío V (1568) e Pío X (1911). O intento dunha revisión máis drástica do cardeal Quiñónez (1535), a pesar do éxito obtido, foi suprimido coa edición tradicional de Pío V. Algúns dos principios do Breviario de Quiñónez foron aplicados na reforma de Paulo VI (1971).
-
oficio eclesiástico
Calquera cargo constituído por dereito divino ou eclesiástico, revestido de dereitos e deberes, que se exerce con fins espirituais.
-
pequeno oficio
Forma abreviada do oficio divino, en honra sobre todo da Virxe.
-
s
m
-
s
m
[DER]
Comunicación entre funcionarios e autoridades de diferentes ordes.
-
s
m
[HIST]
gremio.
-
oficio palatino
[HIST]
Administración central do reino visigodo. Creouse no s V e foi o antecedente da Aula Rexia. Estaba formado polos maiores de palacio e os oficiais subalternos. Un conde de palacio dirixía cada un dos seus servizos.
-
Santo Oficio
[RELIX/HIST]
inquisición.
Refráns
- Abella e ovella e pedra que trebella.
- Bo oficio é o que mantén a quen o ten.
- Home de moitos oficios, pouca ganancia.
- Muller costureira e home troiteiro; nin boa meda nin bo palleiro.
- Nin muíño sen rodicio, nin home sen oficio.
- No verán faite taberneira e no inverno panadeira.
- O boi, para arar; o paxaro, para voar; o peixe, para nadar; e o home, para traballar.
- O boi, para arar; o paxaro, para voar; o peixe, para nadar; e o home, para traballar.
- O caldeireiro do ferro fai diñeiro.
- Ó que ha morrer ás escuras non lle importa ser cereiro.
- O tendeiro, que o seu trato non entenda, que cerre a tenda ou que a venda.
- Oficio de concello é honra sen prdveito.
- Oficio que non dá de comer ao seu amo, non vale un ichavo.
- Para muiñeiro, fomeiro e hortelán non hai ano sen pan.
- Quen queira ter un fillo pillo, que o meta a monaguillo.
- Quen ten oficio non morre de fame.
- Quen ten oficio ten beneficio para o seu servicio.
- Quen ten oficio ten beneficio.
- ¿Que oficio tedes? -Este que vedes.