oficioso -sa
oficioso -sa
(< lat officiōsu)
-
adx
-
Que provén dunha autoridade pero non ten carácter oficial.
Ex: Segundo noticias oficiosas as eleccións vanse anticipar.
Confrontacións: extraoficial. -
Que expresa o pensamento do goberno sen ser oficial.
Ex: É director dun xornal oficioso que ten bastante tirada.
-
-
adx
-
Que se manifesta solícito e servizal por ser útil a outro.
Ex: María sempre foi a súa amiga máis oficiosa e disposta a axudar a calquera.
-
Que media entre outros dous que se atopan en litixio.
Ex: Grazas á intervención dun amigo oficioso arranxaron o problema.
-
-
adx
Que dá consellos ou se inmisce nos asuntos doutra persoa sen ser invitado.
Ex: A miña veciña é moi oficiosa e aínda por riba unha lareta.