ofiuroideo -a

ofiuroideo -a

(< lat científico Ophiura,xénero de equinodermos)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos ofiuroideos.

  2. s m [ANIMAL]

    Equinodermo da clase dos ofiuroideos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Clase de equinodermos que está formada por animais de corpo estrelado, cun disco claramente diferenciado dos brazos, carácter que os distingue dos asteroideos. Os brazos, grazas aos que ten lugar a locomoción, son longos, serpentiformes e subcilíndricos, e xeralmente cinco, provistos de placas articuladas e, ás veces, tamén de pinchos. Os ofiuroideos son todos bentónicos, xeralmente litorais e comúns en todos os mares. Habitan agachados entre as rochas, algas e outros obxectos, ou ben enterrados na lama. Aliméntanse de invertebrados do fondo e de detritos.

Palabras veciñas

2 ofítico -ca | Ofiuco | ofiura | ofiuroideo -a | ofrecemento | ofrecer | ofrecido -da