ofiuroideo -a
ofiuroideo -a
(< lat científico Ophiura,xénero de equinodermos)
-
adx
Relativo ou pertencente aos ofiuroideos.
-
s
m
[ANIMAL]
Equinodermo da clase dos ofiuroideos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Clase de equinodermos que está formada por animais de corpo estrelado, cun disco claramente diferenciado dos brazos, carácter que os distingue dos asteroideos. Os brazos, grazas aos que ten lugar a locomoción, son longos, serpentiformes e subcilíndricos, e xeralmente cinco, provistos de placas articuladas e, ás veces, tamén de pinchos. Os ofiuroideos son todos bentónicos, xeralmente litorais e comúns en todos os mares. Habitan agachados entre as rochas, algas e outros obxectos, ou ben enterrados na lama. Aliméntanse de invertebrados do fondo e de detritos.