ofiura

ofiura

(

  1. s f [ANIMAL]

    Invertebrado equinodermo da clase dos ofiuroideos.

  2. ofiura anana/ branca [ANIMAL]

    Ofiura que presenta un disco circular de ata 5 mm de diámetro e brazos curtos, delgados, catro veces maiores ca o disco e provistos de espiñas cónicas e curtas. Son de cor azulada-abrancazada e poden atoparse baixo pedras ou algas, ata os 250 m de profundidade. Están presentes nas costas galegas e distribúense polo Mediterráneo, Atlántico e mar do Norte.

  3. ofiura espiñosa [ANIMAL]

    Ofiura que presenta un disco pentagonal de ata 2 cm de diámetro, cunha serie de espiñas en forma de V, situadas na base de cada brazo, que son ata 5 veces o diámetro do disco. Son de cor variable, entre vermello e violeta ou pardo. Viven baixo as pedras, algas ou cunchas, ata os 350 m de profundidade. Está presente en Galicia e distribúese igual que a ofiura branca.

  4. ofiura negra [ANIMAL]

    Ofiura que ten un disco de 2 ou 3 cm de diámetro e uns brazos, de ata 10 cm, finos e que se estreitan no ápice. Posúen espiñas branquiais largas e ocas. Son de cor parda ou negra, coas espiñas máis claras. Viven en fondos areosos ou baixo pedras, ata os 400 m de profundidade. Está presente en Galicia e ten a mesma distribución ca as especies anteriores.

Palabras veciñas

1 ofítico -ca | 2 ofítico -ca | Ofiuco | ofiura | ofiuroideo -a | ofrecemento | ofrecer