Ogando Vázquez, Xulio Francisco

Ogando Vázquez, Xulio Francisco

Xurista, mestre e escritor. Licenciado en Filosofía e Letras (1940) e en Dereito (1950) pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu a docencia en diferentes centros de Pontevedra (1940-1943), Lugo (1943-1949), Astorga (1949-1954) e Ourense (1954-1983). Integrouse nas Mocidades Galeguistas antes da Guerra Civil Española e presidiu a Caixa de Aforros de Ourense (1981). Colaborador de varios xornais e revistas e está considerado como o máximo bibliófilo galego. Publicou, entre outras obras, Dolor y olvido de López Ferreiro (1939), La biblioteca ideal de un cura mindoniense del siglo XVI (1947), Cuatro grandes juristas orensanos (1960), La custodia de Arfe en la catedral de Santiago (1973), Tres fitos senlleiros na historiografía da lingua galega: 1768, 1868, 1968 (1980), Fantasía e realidade en “La Catedral y el niño” (1997) e Otero Pedrayo, orador (2001). Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, académico correspondente da Real Academia de la Historia (1975), académico de honor da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación (1975) e académico numerario da Real Academia Galega (1980). Recibiu o Premio San Froilán (1947), o Premio Literario Internacional de Vigo (1950), a Medalla de Prata de Galicia (1994) e o Premio Ramón Otero Pedrayo (1996).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Beariz