ogdóada

ogdóada
s f [MIT]

Grupo dos oito deuses primordiais, como método de simbolizar a duplicación do concepto de totalidade. Segundo a teoloxía elaborada polo santuario de Hermópolis, eran catro parellas creadas polo deus Thot: Nun e Naunet; Heh e Hehet; Kek e Keket; Ammón e Amonet. A última parella é variable, dependendo dos textos e do período. As catro parellas enxendraron un ovo do que saíu o Sol, Ra.