O’Higgins, Bernardo

O’Higgins, Bernardo

Militar e político chileno, fillo de Ambrosio O’Higgins. Alcalde de Chillán, en 1810 uniuse aos independentistas e en 1814 foi nomeado comandante en xefe do exército. Vencido polos realistas en Membrillar e en Rancagua (1814), exiliouse en Arxentina, onde se incorporou ás forzas do xeneral José de San Martín (1816). Vencedor na Batalla de Chacabuco (1817), foi nomeado ditador supremo de Chile. Na Batalla de Maipú (1818) consolidou a independencia chilena. Iniciou unha ditadura paternalista, co apoio da nobreza e a alta burguesía, pero non superou a crise de 1818-1820 e   foi destituído en 1823.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Chillán

  • Deceso

    Lugar : Lima