Ohio
Ohio
Río de EEUU, afluente pola esquerda do Mississippi (1.550 km de lonxitude). Formado en Pittsburgh pola confluencia do Allegheny e do Monongahela, discorre en dirección O-SO e sinala o límite entre os estados de Ohio, Indiana e Illinois, ao N, Virginia ao O e Kentucky ao S. Unha axeitada rede de canais facilita a navegación en todo o traxecto, o que o converte nunha importante vía de comunicación entre as áreas carboníferas do curso superior e os centros industriais do seu val: Pittsburgh, Wheeling, Louisville e Cincinnati. Forma parte da rede fluvial que comunica cos Grandes Lagos e co sistema do San Lourenzo.