Ohm, lei de
Ohm, lei de
[FÍS]
Lei fundamental da corrente eléctrica que expresa a relación que existe entre a resistencia R dun condutor, a intensidade I que circula por el e a diferenza de potencial V que se aplica a través do condutor. A relación é I = V / R, é dicir, V = RI.