Ohlin, Bertil Gotthard
Ohlin, Bertil Gotthard
Economista e político sueco. Fundador da moderna teoría de comercio internacional, demostrou o efecto que este ten sobre a asignación dos recursos, nos prezos e na distribución da renda. Participou activamente na política de Suecia como xefe do Folkpartiet Liberalerna (Partido Liberal), entre 1944-1967, e ministro de Comercio (1944-1945). Publicou Interregional and International Trade (1933), The Problem of Employment Stabilization (1949) e Theorie der internationalen Wirtschaftsbeziehungen (1956). Recibiu o Premio Nobel de Ciencias Económicas (1977), xunto con James E. Meade.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Klippan, Kristianstad -
Deceso
Lugar : Estocolmo