Agrocobo
Agrocobo
Grupo de teatro creado en 1975 en Esteiro (Muros) por Xosé Agrelo Hermo. Tentaba promover o uso da lingua galega no ensino e na sociedade e a defensa de propostas alternativas no tempo libre para os cativos. Entre os seus espectáculos atopamos desde un Auto dos Reis Magos (1975) ata Os vellos non deben de namorarse (1978).