agroalimentario -ria

agroalimentario -ria

(< agro- + alimentario)

  1. adx [AGR/ALIM]

    Relativo ou pertencente á agricultura e á alimentación.

    Ex: Ese grupo de tendas pertencen ó sector agroalimentario.

  2. adx [AGR/ALIM]

    Produto agrícola que foi acondicionado ou transformado industrialmente.

    Ex: Esa empresa factura tres mil quilos de atún ó ano.

  3. sistema agroalimentario [ECON]

    Conxunto heteroxéneo de industrias e empresas que participan na produción, transformación, elaboración, acondicionamento e comercialización dunha gran diversidade de produtos de orixe vexetal ou animal destinados á alimentación humana.

Palabras veciñas

Agro, El | Agro, O | Agro, O | agroalimentario -ria | Agrobacterium | agrocidade | Agrocobo