agrocidade

agrocidade
Nome científico: [ruso: agrogorod]
s f [URBAN]

Asentamento con características urbanas desenvolvido na Unión Soviética a partir de 1949 no marco da reforma dos métodos de traballo agrícola. Concentra a poboación de varios kolkhoz ou sovkhoz co fin de incrementar a produción agrícola, elevar o nivel de vida e racionalizar e ampliar a oferta e calidade dos servicios. Co fracaso da economía planificada e o derrubamento do réxime comunista, deixouse de considerar este plano económico-urbanístico.

Palabras veciñas

Agro, O | agroalimentario -ria | Agrobacterium | agrocidade | Agrocobo | Agrocybe | agroenerxética