Oiartzun
Oiartzun
Municipio de Gipuzkoa, Euskadi, situado no val homónimo e delimitado ao S por Nafarroa (9.179 h [2001]). Ao SE do termo as actividades económicas principais derivan da explotación dos bosques e dos pastos, e no resto, predomina a agricultura e os xacementos de minerais. A industria está moi diversificada e destaca a alimentaria, a papeleira, a metalúrxica e a de material eléctrico. Tamén é importante a igrexa gótica de San Esteban e a casa do concello.