Ojea
Ojea
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega con orixe en diversos lugares. Unha rama asentouse en Riobó (Rodeiro). Trae como armas, en campo de azul, cinco medias lúas de prata, coas puntas cara a arriba e entre cada unha delas, unha estrela de ouro. Outra variante trae, en campo de azul, unha media lúa de prata, e en cada ángulo do escudo, unha estrela de ouro. Outros traen, en campo de prata, un castelo de goles; bordo componado de ouro e azul, en cada peza de ouro unha estrela en azul e en cada peza de azul, unha estrela de ouro. Presenta a variante Oxea.