oitocentos -tas

oitocentos -tas

(

  1. cuant

    Oito veces cen.

    Ex: Os coches de fórmula 1 teñen máis de oitocentos cabalos de potencia.

  2. adx

    Que ocupa o lugar número oitocentos nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor ordinal e, polo tanto, equivale a octinxentésimo.

    Ex: No maratón de Nova York un veciño de Cangas chegou de oitocentos.

  3. s m

    Representación gráfica deste número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 800 e na romana por DCCC.

Palabras veciñas

oitentón -na | oito | oitocentista | oitocentos -tas | Ojea | Ojea Márquez, Santiago | Ojea Otero, Xosé