oitocentos -tas
oitocentos -tas
(
-
cuant
Oito veces cen.
Ex: Os coches de fórmula 1 teñen máis de oitocentos cabalos de potencia.
-
adx
Que ocupa o lugar número oitocentos nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor ordinal e, polo tanto, equivale a octinxentésimo.
Ex: No maratón de Nova York un veciño de Cangas chegou de oitocentos.
-
s
m
Representación gráfica deste número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 800 e na romana por DCCC.