Okhotsk, mar de

Okhotsk, mar de

Mar situado ao NO do Océano Pacífico, separado deste pola península de Kamčatka, as Illas Kuriles, Hokkaidō e Sakhalin (1.583.000 km2). Está comunicado co mar de Xapón polos estreitos de Tartaria e de La Pérouse. Ten unha profundidade media de 777 m. Polas súas reservas piscícolas, ocupa o primeiro lugar no mundo e destaca na pesca de cangrexo. Os portos principais son Magadan e Okhotsk, no continente, Korsakov, en Sakhalin, e Severo-Kuril’sk nas Illas Kuriles.

Palabras veciñas

Okazaki, Reiji | Okeechobee | Oken, Lorenz | Okhotsk, mar de | okhrana* | Okinawa | Okinawa