Okinawa
Okinawa
Illa máis grande do arquipélago de Ryūkyū, Xapón, no mar da China Oriental, que forma parte do ken de Okinawa (1.254 km2). A súa capital é Naha. Pertenceu ao Imperio Chinés entre os ss XIII e XVII, e a Xapón desde 1607. Durante a Segunda Guerra Mundial foi ocupada polos estadounidenses, que a converteron nunha das súas bases principais en Extremo Oriente, desde a que operaban contra Corea e Indochina. En 1972 o goberno xaponés recuperou a administración da illa, pero as forzas estadounidenses conservaron as súas bases aeronavais con dereito a gardar nelas armamento nuclear.