Öland
Öland
Illa de Suecia, situada no Mar Báltico, e que está separada do continente polo estreito de Kalmar (1.344 km2; 26.700 h [1980]). Presenta un relevo tabular de pouca altura inclinado cara ao Báltico e unha costa de acantilados no estreito de Kalmar. É un lugar de veraneo, en que o principal centro é Borgholm. A paisaxe agrícola do S foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (2000).