Olbers, Heinrich Wilhelm Matthäus
Olbers, Heinrich Wilhelm Matthäus
Astrónomo e físico alemán. En 1797 deu a coñecer un método, denominado co seu nome, para determinar órbitas de tipo parabólico. Redescubriu o primeiro asteroide, Ceres, baseándose nos cálculos da órbita feitos por Gauss. En 1802 descubriu o segundo asteroide, Palas, e en 1807 o cuarto, Vesta e en 1815 un cometa periódico que leva o seu nome.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Arbergen -
Deceso
Lugar : Bremen