Oldenburg

Oldenburg

Cidade do land de Baixa Saxonia, Alemaña, situada no punto de unión do canal Weser-Ems co Hunte (154.125 h [2000]). É un porto fluvial e centro comercial, con industrias mecánicas, téxtiles e de conservas cárnicas (as máis importantes de Alemaña). Foi centro do antigo estado de Oldenburg. Conserva a catedral gótica e o palacio ducal do s XVIII.