Oldenburg

Oldenburg

Antigo estado alemán. Foi un condado que dependeu do ducado de Saxonia ata que se liberou e os descendentes do conde Elimar se converteron en príncipes do imperio (1180). Cristián VII de Dinamarca cedeuno a Paulo de Holstein-Göttorp, gran duque de Rusia en 1773. Transmitido ao seu curmán Federico Augusto, bispo de Lübeck, en 1803, transformouno en principado hereditario. Converteuse en gran ducado, formou parte da Confederación de Alemaña do Norte (1866) e integrouse no Imperio Alemán (1871). En 1918 converteuse en land da República de Weimar. Forma parte de Baixa Saxonia.