Olea, Pedro

Olea, Pedro

Realizador cinematográfico. Comezou como documentalista en televisión, para logo debutar no cine con Días de viejo color (1967). Despois de dirixir o inquietante filme El bosque del lobo (1971), reorientou a súa obra cara a un clasicismo máis puro. Da súa filmografía destacan Tormento (1974), La Corea (1976), Akelarre (1984), El maestro de esgrima (1992, Goya ao mellor guión adaptado, 1993), Morirás en Chafarinas (1994), Más allá del jardín (1996) e Tiempo de tormenta (2003).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bilbao