Olesa de Montserrat
Olesa de Montserrat
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (17.987 h [2001]). Na beira do río cultívanse hortalizas e froiteiras, aínda que coa expansión urbana e o establecemento de diversas fábricas téxtiles, a agricultura sufriu un retroceso. O principal sector de actividade é a industria.