Ólisbos

Ólisbos
[PUBLIC]

Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de marzo de 1986. Apareceu baixo o subtítulo “Os amantes da palabra”. De carácter literario, estivo promovida pola Asociación Cultural Ólisbos e elaborada por membros da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Sen periodicidade fixa, a maior parte da revista ocupábana os traballos de creación, aínda que tamén incluíu crítica literaria, traducións, recensións, entrevistas, fotografía e banda deseñada.