Olite

Olite

Municipio de Nafarroa, situado no val do río Cidacos (3.213 h [2001]). A economía do termo baséase na agricultura de regadío e na súa industria derivada. Fundada no s VII polos visigodos, Carlos III de Navarra o Nobre converteuna no seu lugar de residencia preferido e iniciou en 1406 a construción dun gran castelo-palacio. Do seu patrimonio cultural destaca, ademais do Palacio de los Reyes de Navarra, a igrexa románica de San Pedro (s XIII) e a gótica de Santa María la Real.