Oliveira Viéitez, Juan José
Escultor. A súa actividade como xinete e criador de cabalos levouno a aplicar o seu intenso coñecemento da anatomía e actividade destes animais na súa escultura. Autodidacta, abandonou o seu traballo nunha empresa familiar de galletas e comezou a esculpir en 1969. Converteu os cabalos en protagonistas da súa obra, e dotounos dunha vigorización e un dinamismo, que amosan o reflexo da súa emotividade persoal e espontánea. Destacou a novidosa maneira de representalos en movemento, xeralmente realizados en bronce e a introdución do oco como un novo elemento nos seus conxuntos. Traballaba co tamaño definitivo da peza e empregando a técnica das ceras duras e a súa fundición posterior en bronce. Das súas obras destacan Pegaso (1981) no aeroporto de Barajas, Monumento al perro vagabundo (1983) no Zoológico de Madrid, o remate do Centro Cultural Caixanova de Vigo (1988), o Monumento a Europa (Vigo, 1989), a Espiral ascendente de cinco cabalos entrelazados (Praza de España de Vigo, 1991), Pelexa de cabalos en Lalín (1995), o acceso ao curro de Sabucedo na Estrada (1997), o Monumento ao cabalo galego salvaxe (Tui) e, a súa derradeira obra, o Monumento a Afonso IX en Baiona. A súa obra atópase en numerosas coleccións galegas, no Rockefeller Art Center de Nova York e nos museos de Toronto e Ostende. Recibiu a medalla de ouro na Bienal de Pontevedra (1969), a medalla de ouro de Escultura (1970) e a Medalla Castelao (2001).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Pazos de Reis, Tui -
Deceso
Lugar : Vigo