Olleria, L’
Olleria, L’
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (7.197 h [2001]). A súa economía baséase na industria tradicional de vidro e cerámica. Os cultivos son case todos de secaño, e o regadío, que se beneficia da auga do río Clariano, é escaso e está dedicado principalmente ás hortalizas.