ollomol

ollomol

(< ollo + mol)

Nome científico: [Pagellus bogaraveo, Famdos espáridos]
s m [ANIMAL/ICT]

Peixe mariño perciforme de 25-35 cm de lonxitude, que pode alcanzar os 60 cm, de corpo oblongo e comprimido, co perfil superior da cabeza curvado, fociño curto e chato, grandes ollos de cor rosácea e aletas pectorais máis longas que as pélvicas. É de cor rosa con reflexos prateados nos costados e ten unha mancha escura no inicio da liña lateral, mancha que nos ollomoles pequenos non se atopa. Son animais hermafroditas, que sofren unha inversión sexual cando alcanzan unha certa idade. Reprodúcense a finais de verán, sendo os ovos e as larvas peláxicos. Vive en cardumes, nos fondos areosos, preto dos cantís rochosos entre os 40 m, os individuos máis novos, ata os 300 m de profundidade, os individuos adultos. É omnívoro, aínda que a súa alimentación é principalmente carnívora (pequenos peixes, moluscos e crustáceos). É un peixe moi común nas costas europeas, desde a zona tropical do Océano Atlántico ata Noruega e tamén o Mar Mediterráneo. Péscase con palangre e liña, ainda que tamén se pode pescar ao arrastre ou, ocasionamente, ao trasmallo. É un dos peixes máis apreciados, de carne branca, que ten múltiples preparacións.  

Sinónimos

Refráns

  • A castaña e o besugo no febreiro non ten zugo.
  • Ollomol de xaneiro vale un cameiro.