Ollomoltranvía
Ollomoltranvía
[ESPECT]
Compañía de teatro fundada en 1993 como resultado da fusión das compañías Ollomol Teatro Submarino e Tranvía Teatro. Nas súas obras, os propios actores executaban música en vivo e desenvolvían un xeito plástico de entender o labor teatral. Dos seus espectáculos destacan Commedia, un xoguete para Goldoni (Premio da crítica de València 1995, Premios Compostela, 1993 e Premio da Asociación de Espectadores de Alicante, 1995), Raíñas de pedra (1994, Premio Compostela 1995), O rei nú (1996), Escola de bufóns (1997, Premio María Casares), Qui pro quo (1998, Premio María Casares, 2000), Ñikiñaque (2000, Premio María Casares, 2001) e Policía (2000), que foi a última montaxe antes da súa disolución.