Olmo Marote, Luis del

Olmo Marote, Luis del

Xornalista. Iniciou a súa andaina profesional en Radio Juventud de Ponferrada, ata que en 1973 comezou a dirixir en Radio Nacional de España Protagonistas, un dos programas máis importantes da radio española de finais do s XX. En 1983 trasladou o programa á cadea COPE e en 1987 fundou Radio Popular de Barcelona. A partir de 1991 dirixiu o seu programa en Onda Cero e nese mesmo ano adquiriu Onda Rambla. En 2004 creou a cadea de ámbito estatal Punto Radio, onde tamén desenvolve o programa Protagonistas. Recibiu cinco premios Ondas, a Antena de Oro (1988 e 1999), a medalla de ouro Ghandi da UNESCO (1998), o Premio Internacional de Periodismo Rey de España (1999) e o Premio Nacional de Radio.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ponferrada