Olomouc
Olomouc
Capital do kraj de Olomoucký, República Checa, situada preto do río Morava (103.293 h [2001]). Conta con importantes industrias metalúrxicas, alimentarias e químicas. Do s XIII ao s XVII foi alternativamente con Brno, capital de Moravia. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral de San Wenceslau, comezada no s XII.