Ondas de Arosa
Ondas de Arosa
[PUBLIC]
Periódico de carácter relixioso que se editou en Vilagarcía de Arousa arredor de 1980. Dirixido por Ramón Taboada Soto, imprimiuse nos obradoiros tipográficos da Editorial Compostela. Ofreceu aos seus lectores, desde unha perspectiva cristiá e católica, a análise de diversos aspectos relacionados coa sexualidade, a política, a emigración e a saúde. Ademais, incluíu novidades relacionadas co deporte e coas festas e acontecementos de tipo cultural da vila.