Onega
Onega
Lago situado ao NO da parte europea de Rusia (9.700 km2). Ten unha profundidade media de 30 m e unha máxima de 127 m, e sitúase nunha conca tectónica transformada polo glaciarismo. O litoral do N e do NO é elevado e está composto por rochas cristalinas, mentres que o S é baixo e plano, areoso e bastante pantanoso. Posúe 1.369 illas e nel desembocan 58 ríos, dos que destacan o Šuja, Suna, Vodla e Vytegra.