onomástica
(
-
s
f
[ONOM/LING]
Disciplina que trata do estudo científico dos nomes propios. Os seus fundadores restrinxen a onomástica á busca do sentido, etimoloxía e evolución dos nomes de lugar -terrestres, marítimos, celestes (toponimia)- e dos nomes de persoa -nome, cognome, alcumes, hipocorísticos (antroponimia)-, aos que se poden engadir os de animais (zoonimia) e os de toda clase de obxectos máis ou menos personalizados (vehículos, obras literarias, ventos, festas, etc). Dentro da tendencia tradicional distínguense, en toponimia, os filólogos italianos e, en antroponimia, a escola de Uppsala. Os novos enfoques da onomástica reforzan a unión que xa mantiña con outras ciencias (historia, xeografía, demografía, arqueoloxía, etnoloxía, dereito). O interese desta disciplina maniféstase na creación de centros especializados (International Centre of Onomastics), na creación de revistas especializadas (as principais son: Names, de Nova York, Revue Internationale d’Onomastique de París, Onoma de Lovaina, Onomastica de Breslau e Beiträge zur Namensforschung de Heidelberg) e na celebración de congresos internacionais (XI: Sofia 1972; XII: Berna 1975).
-
s
f
[ONOM]
Día en que se conmemora a festa do santo do que se leva o nome.