onomatopea
onomatopea
(< lat tardío onomatopoeia< gr ὀνοματοποιία)
-
s
f
[LING]
Fenómeno polo que o significante e o significado de certos signos lingüísticos teñen un determinado grao de relación de dependencia acústica. As onomatopeas que se integran na linguaxe como formas fixadas adquiren determinada categoría lingüística: interxeccións (ca!, bah!, paf!), substantivos (titac, cacaracá) e verbos (miañar, chascar).
-
s
f
[LIT]
Figura retórica que consiste en imitar sons reais por medio das palabras.