Ononis
Ononis
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas ou leñosas, da familia das fabáceas, que presentan os talos glandulosos ou pubescentes, as follas con tres folíolos, as flores de cor rosada ou amarela e dispostas en inflorescencias cimosas e o froito en legume con tubérculos. En Galicia aparecen as especies O. repens e O. diffusa.