Onosma
Onosma
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, da familia das boraxináceas, que presentan as follas oblongas e as inflorescencias dispostas en cimas escorpioides. Comprende numerosas especies distribuídas pola rexión mediterránea e por Asia. En Europa é frecuente a especie O. echioides.