Onsager, Lars
Onsager, Lars
Físico e químico. Estudou no Instituto de Tecnoloxía de Zúric e doutorouse na Yale University. Catedrático desta universidade desde 1945, afondou e mellorou as teorías de Deybe e Lorentz sobre os electrólitos e os dieléctricos, e formulou o cuarto principio da termodinámica. En 1968 recibiu o Premio Nobel de Química polo seu descubrimento das relacións recíprocas que son o fundamento dos procesos irreversibles da termodinámica.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Oslo -
Deceso
Lugar : Miami