Oñati

Oñati

Municipio de Gipuzkoa, Euskadi, situado no val de Deva (10.705 h [2001]). É un núcleo industrial de metalurxia, alimentación, manufacturas da madeira e curtidos. Durante as guerras carlistas aloxou a imprenta e a ceca dos carlistas. En 1542 o bispo Rodrigo Mercado de Zuazola fundou a universidade do Sancti Spiritus que funcionou ata 1901. Ademais destaca a igrexa gótica de San Miguel.