opaco -ca

opaco -ca

(

  1. adx
    1. Que non deixa pasar a luz.

      Ex: Colocou un material opaco nas fiestras para que non entrara a luz.

    2. Que non deixa pasar algún tipo de radiación.

      Ex: Os técnicos de raios do hospital teñen que levar unha vestimenta opaca.

  2. adx

    Que non ten a luz ou o brillo habitual.

    Ex: Eses vasos xa están todos opacos de tanto fregalos.

  3. adx

    Que non está claro ou é dificil de entender.

    Ex: O seu razoamento era un tanto opaco.

  4. adx

    Que é ou está melancólico ou triste.

    Ex: A súa voz opaca amosaba moita tristura.

Palabras veciñas

opacificador | opacimetría | opacímetro | opaco -ca | OPAEP | opalescencia | opalescente