opalescencia

opalescencia
  1. s f [FÍS]

    Propiedade que presentan o ópalo e algunhas outras substancias que se caracterizan por ter un aspecto leitoso e ás veces iridiscente. As substancias opalescentes teñen dúas fases de diferente índice de refracción que se dispersan unha na outra.

  2. opalescencia crítica [FÍS]

    Opalescencia que presenta un gas mentres pasa ao estado líquido a causa da temperatura crítica.

Palabras veciñas

opacímetro | opaco -ca | OPAEP | opalescencia | opalescente | opalina | Opalina