Oppenheim, Dennis

Oppenheim, Dennis

Artista plástico estadounidense. Pertenceu á xeración que, a partir de 1965, rexeitou o pop art e presentou unha reflexión máis profunda e pluridisciplinaria do feito artístico, con diferentes prácticas que incluíron a arte pobre e a arte conceptual. Traballou no campo do land art e do body art, e realizou instalacións con bonecos. Das súas obras destaca Monumento al escape (1999), realizado para o Parque de la Memoria en Bos Aires.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Mason City