optativo -va
optativo -va
(< lat optatīvu)
-
adx
Que admite unha escolla.
Sinónimos: opcional. -
adx e s
m
[LING]
Aplícase ao modo verbal que nalgunhas linguas expresa desexo ou posibilidade. Consérvase en diversas linguas indoeuropeas antigas, como o indoiranio, o tocario, o grego e, en parte, no báltico e no eslavo. Noutras linguas asimilouse ao subxuntivo (como é o caso do latín, en que o subxuntivo ten un valor desiderativo ou potencial).