optrónica

optrónica

(< forma reducida deoptoelectrónica)

s f [BÉL]

Conxunto de técnicas e dispositivos optoelectrónicos que teñen aplicación para fins militares. Ente eles están os láser, utilizados para a marcaxe de branco na guía de mísiles; os detectores de infravermellos para a orientación da navegación e do lume, e os aparatos de visión nocturna.

Palabras veciñas

optometrista | optómetro | optotipo | optrónica | opugnación | opugnador -ra | opulencia